Sesión 4

Recursos externos e ferramenta de autor:
  1. Contidos intelixentes Smart NETEX


AulaPlaneta: Canal de youtube

Contido remoto Edebé



FERRAMENTA DE AUTOR
A nova “Ferramenta de autor para a xeración de contidos” integra as seguintes funcionalidades:
  1. Xeración de exercicios de distinto tipo que poden ser utilizados como recurso complementario no Entorno Virtual de Aprendizaxe.
  2. Xeración de contidos que poden ser enriquecidos con arquivos multimedia (imaxes, vídeos, audios, etc.). O profesor poderá achegar todo o contido estático que necesite para completar a información que necesita expoñer.
  3. Creación de proxectos que se poderán configurar como unidades didácticas complementarias utilizando os exercicios e contidos creados previamente, conformando a ferramenta de interacción co estudante e co resto da comunidade.
  4. Posibilidade de publicar os proxectos en formato SCORM directamente na plataforma e-Dixgal.
  5. Capacidade para compartir proxectos e xerar un espazo común de traballo entre os profesores.

Módulos principais

A Ferramenta de Autor está composta por tres grandes módulos nos que se agruparán as diferentes funcionalidades que permitirán realizar as seguintes tarefas:
  • Módulo Exercicios : agrupa as funcionalidades para crear, modificar e eliminar os diferentes tipos de exercicios como actividades a presentar ao estudante. Estas actividades poderán ser clasificadas do seguinte xeito, atendendo as súas características e modo de presentación da información:
    • Exercicios avaliables : poden ser utilizados polo profesor para avaliar os grado de coñecemento adquirido polo estudante.

    • Contidos interactivos: son recursos que permiten ao profesor presentar a información de xeito máis visual coa incorporación de distintos elementos, como imaxes, exercicios avaliables, presentacións, ...

  • Módulo Contidos estáticos : agrupa as funcionalidades para crear, modificar e eliminar o contido explicativo sobre un determinado tema. Pode ser utilizado para a configuración de contido fixo a través do editor avanzado que permite a combinación de texto, vídeo, audio... en distintos parágrafos.
  • Módulo Proxectos : desde este módulo poderá configurarse un proxecto para un/s curso/s e materia/s determinada/s utilizando os recursos educativos previamente creados (exercicios e/ou contidos) conformado as unidades didácticas complementarias para presentar aos estudantes ou a comunidade. As funcionalidades dispoñibles desde este menú son:
    • Crear, modificar, eliminar un proxecto
    • Publicar en formato SCORM directamente na plataforma EDIXGAL.
    • Compartir proxectos nun espazo de traballo