O Proxecto DIXIT ten como obxectivo principal aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.
Nesta iniciativa, estanse a desenvolver contidos en varios ámbitos: Matemáticas, Ciencias Naturais, Xeografía e Historia, Física e Química e Idiomas.
Con DIXIT súmase unha terceira liña de elaboración de contidos educativos innovadores para que a comunidade educativa os poida empregar no ensino dixital: a través de contidos dixitais producidos polos propios docentes dispoñibles no repositorio de contidos de espazoAbalar, a través de contidos dixitais proporcionados polo sector empresarial produtor de contidos na Plataforma virtual de E-Dixgal, e agora a través da unión das capacidades de ambos ámbitos, o docente e o empresarial (DIXIT).