OS RECURSOS
1. O CARTAFOL
2. ENGADIR FICHEIRO
3. AS ETIQUETAS
4. ENGADIR URL
5. CREAR PÁXINA WEB
A. ENGADIR HIPERVÍNCULO
6. CREAR UN LIBRO
7. PAQUETE IMS
7. Copia de seguridade e restauración
___________________________________________________________
ACTIVIDADES
CREAR TAREFAS
A tarefa é unha das ferramentas que serven para recoller o traballo dos alumnos dunha materia. O profesor plantexa o enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para, finalmente, enviar unha solución ao plantexamento feito no enunciado da tarefa.
O módulo tarefa permite aos alumnos subir documentos en prácticamente calquera formato electrónico e estes documentos quedan almacenados para a súa posterior avaliación por parte do profesor. As tarefas tamén permiten "Texto en liña" como solución as mesmas.
Como se crea unha tarefa?
Dende a páxina principal do curso, "Activar edición".
No tema que se desexe pulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso"
Seleccionar a actividade tipo "Tarefa"
Finalmente, plusar o botón "Engadir"
Os distintos aspectos que se poden configurar, clasifícanse por apartados:
Xeral
Nome da tarefa = Introduce un nome como título para esta tarefa.
Descrición = Introduce un texto no que se especifique o que o alumno debe facer. Pódese tamén engadir os criterios de avaliación da tarefa.
Dispoñibilidade
Permitir entregas de = Se está activado, os alumnos non poderán facer entregas antes desta data. Se está desactivado, os alumnos poderán comezar as entregas de inmediato.
Data límite = Isto é cando venceu a tarefa. As entregas aínda se permitirán despois desta data pero calquera tarefa entregada tras esta data marcarase como atrasada. Para evitar entregas despois dunha certa data, estabeleza a data de corte da tarefa.
Data de corte= De estar definida, a tarefa non aceptará entregas despois desta data sen unha prórroga.
Amosar sempre a decrición = Se NON está activado, a descrición da tarefa anterior só será visíble para os alumnos na data "Permitir entregas de".
Tipos de entrega
Entregas de ficheiros = Se está activado, os alumnos deberán enviar un ou máis ficheiros como entrega.
Texto en liña = Se está activado, os alumnos deben escribir un texto (texto enriquecido) directamente nun campo do editor para a súa entrega.
Configuración de entregas
Requirir que os alumnos preman no botón de entrega = Recomendación Si
Permitir reapertura = Se o deixamos en Nunca, unha vez que o alumno faga a entrega non poder corrixir a mesma.
Para saber máis:
TAREFAS DE REPASO
Actividade presentación
Preparar unha presentación empregando o Impress para un tempo de exposición aproximado de 10 minutos. Terá entre 10 e 15 diapositivas. Engadirase o texto do orador nun documento diferente, cos párrafos explicativos para cada unha das diapositivas. A presentación debe de ser tan gráfica como sexa posible, sen abusar do emprego de texto.
Obxectivos:
1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
2. Capacidade de análise
3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
5. Promover a interacción oral
Habilidades:
1. Compresión lectora
2. Expresión escrita e oral
B) CREACIÓN DA TAREFA POLO PROFESOR
Enunciado:
Tarefa de presentación
Crea unha presentación axudándote do programa LibreOffice Impress, así como os textos do orador. Expón aos teus compañeiros o tema tratado na aula