C2202023 Introdución ao EVA E-Dixgal
c2202023_Pro30
Presentación 1NOVIDADES
E-Dixgal
1. XENERALIDADES
Ficheir
_______________________________________________________________
Práctica 1:
CREAR UNHA MATERIA EVAFORMACION
TAREFA 1: Crear Materia
Como realizar esta tarefa
Entra en https://evaformacion.edu.xunta.gal
Identifícate coas túas credenciais de profesor/a c001edixgal_Pro01
Na parte inferior da pantalla fai clic sobre o enlace "Todas as materias".
Na seguinte pantalla que aparece fai clic sobre o botón "Engadir unha nova materia". Como o EVA é da contorna de produción só terás posibilidade de crear unha materia no teu centro.
Deberás crear unha nova materia engadindo os seguintes datos nos campos correspondentes:
XERAL
- Nome completo (da materia) = "o teu nome"
- Nome curto da materia = o teu nome
- Categoría de cursos = Só che deixará escoller o teu centro.
- Visible = Mostrar
DESCRICIÓN
- Resumo da materia = "Materia de prácticas de "Nome Apelido1 Apelido2" (substitúe "nome", "apelido1", "apelido2" polos teus propios datos)
FORMATO DO CURSO
Formato da materia = Formato Menú
Número de seccións = 5
Engade unha foto para identificar o curso e non modifiques o resto dos apartados. Déixaos cos datos que amosan por defecto.
Para finalizar pulsa o botón "Gardar modificacións"
NOTA: Sempre podemos editar (modificar) a configuración da materia: no bloque da dereita Administración premendo en "Administración da materia -> Editar a configuración".
TAREFA 2_ CREAR CONTIDOS
Crear contido misturado de distintas editorias
Como realizar esta tarefa
Entra no EVA FORMACION co teu usuario de profesor/a
Selecciona a materia que creaches en "As miñas materias"
No menú de bloques da dereita "Atopar recursos" selecciona a materia e curso correspondente
Pincha na pestana correspondente a editoria que queiras seleccionar e engade un par de recursos que queiras (lembra pinchar no boton de sincronizar cada vez que engadas o recurso)
Pincha na pestana de outra editoria e engade outros 2 recursos (lembra pinchar no boton de sincronizar cada vez que engadas o recurso).
Tarefa 3. Matricula a varios usuarios na materia creada
Como realizar esta tarefa
Entra no EVA coa túa conta de profesor/a
Selecciona a materia que creaches na práctica anterior.
No menú esquerdo "Administración da materia -> Usuarios matriculados" pincha en "Métodos de matriculación".
Dentro da opción "Matriculación manual" pincha no boton de engadir usuarios:
Engade varios alumnos de xeito manual movendoos dende a columna esquerda a dereita.
Para facer a entrega vai ao menu "Participantes" da materia que acabas de crear e captura a lista co alumnado que acabas de matricular.
RECOMENDACIÓN
OLLO: Cando matriculades usuarios de forma manual no EVA, engádense por defecto co rol de alumno.
Indica que pasos darías para realizar os seguintes cambios na túa páxina principal "Área persoal".
- Situar o panel Navegación debaixo do panel Administración.
- Engadir o calendario á páxina.
- Cómo saber en todo momento qué usuarios están conectados ao curso.
- Eliminar o panel "Usuarios en Liña".
Xestión de credenciais. Os docentes poden restaurar o contrasinal dos alumnos, ver o histórico e imprimir todos os contrasinais
Guías para o uso dos equipos E-dixgal:
Pequeno manual sobre o uso de novas fontes tipográficas nos programas dos equipos E-dixgal.: Descargar guía uso de novas fontes tipográficas nos equipos Edixal.pdf
Guías rápidas para o uso do EVA
A apariencia pode cambiar con respecto ó amosado nos pdf, débese á constante actualización do EVA. En todo caso, as opcións dispoñibles, con independencia da apariencia, son as mesmas.
- Url de acceso ó EVA: https://eva.edu.xunta.gall
- Descargar o documento: como acceder ó EVA.pdf (xestión de usuarios e contrasinais – xestión de credenciais do alumnado)
- Como accede o profesorado.
- Como accede o alumnado.
- Como consigo os datos de acceso do alumnado.
- Que sucede se un alumno/a esquece o seu contrasinal?
- Que sucede cando remate o curso escolar.
- Descargar o documento: guía_rapida_EVA_parte_1.pdf (versión 2.0) – Uso básico do EVA e traballo con editoriais:
- Engadir unha nova sección.
- Cambiar o título dunha sección .
- Engadir “temas das editoriais” nunha sección.
- Amosar/agochar elementos dentro dunha sección.
- Como editar os temas engadidos dunha editorial. En cales podo facelo?.
- Engadir recursos soltos de AulaPlaneta.
- Como o ve o alumnado? Cambiar ó rol do alumno.
- Como crear unha nova materia.
- Como matricular alumnos nunha nova materia.
- Control da aula con smartclassroom (Netex-smart).
- Engadir recursos e actividades creados manualmente nunha sección do EVA. > continúa no manual seguinte
- Descargar o documento: guia_rapida_EVA_parte_2.pdf (versión 2.2) – Engadir actividades ou recursos de creación propia:
- Engadir actividades ou recursos manualmente. Diferencias.
- Apartados específicos coa explicación dalgunhas das actividades.
- Apartados específicos coa explicación dalgúns dos recursos.
- Descargar a guía rápida de preguntas que se poden engadir nos cuestionarios (documento para Moodle válido para o EVA)
- Tipos de preguntas
- Apartados específicos explicando os diferentes tipos de preguntas.
- Descargar o documento: guía rápida EVA – Configurar o apartado “cualificacións” no EVA.pdf (version 2.0):
- Configurar o apartado cualificacións.
- Descargar o documento: guía rápida EVA – Crear copias e restaurar copias de seguranza para aproveitar o traballo para o curso seguinte.pdf (versión 2.0)
- Copiar e restaurar desde copias de seguranza.
- Crear unha copia de seguranza.
- Onde están as miñas copias? Como as recupero? Como as descargo? Como as restauro.
- Como recupero as copias no curso seguinte?
- Como as uso nunha materia diferente.
- Copias de seguridade do banco de contidos (h5p) e banco de preguntas (cuestionarios-probas)
- Descargar o documento: guía rápida EVA – Sistema de mensaxería no EVA.pdf (version 1.1):
- Sistema de mansaxería (entre o profesorado e o alumnado) no EVA.
- Como activar ou desactivar o sistema de mensaxería no EVA (para todo o centro ou por aula/grupo)
- Descargar: Incluír a actividade BigBlueButton (sistema de videoconferencias) versión 1.0 (pdf)
- Bolsa de recursos (acceso ó manual na aula virtual aberta EDIXGAL): Permite copiar a ela os elementos que teñamos nunha materia, de modo que poidamos copialas novamente noutra.
Fonte: oscarabilleira.com