Sesión 3

CREAR UNHA MATERIA

TAREFA 1:

Como realizar esta tarefa

  1. Entra en https://evaformacion.edu.xunta.gal
  2. Identifícate coas túas credenciais de profesor/a
  3. Na parte inferior da pantalla fai clic sobre o enlace "Todas as materias".
  4. Na seguinte pantalla que aparece fai clic sobre o botón "Engadir unha nova materia". Como o EVA é da contorna de produción só terás posibilidade de crear unha materia no teu centro. 
  5. Deberás crear unha nova materia engadindo os seguintes datos nos campos correspondentes:

    XERAL
    - Nome completo (da materia) = "o teu nome" 
    - Nome curto da materia = o teu nome
    - Categoría de cursos = Só che deixará escoller o teu centro.
    - Visible = Mostrar

    DESCRICIÓN
    - Resumo da materia = "Materia de prácticas de "Nome Apelido1 Apelido2" (substitúe "nome", "apelido1", "apelido2" polos teus propios datos)

    FORMATO DO CURSO
    Formato da materia = Formato Menú
    Número de seccións = 5

    Engade unha foto para identificar o curso e non modifiques o resto dos apartados. Déixaos cos datos que amosan por defecto.

  6. Para finalizar pulsa o botón "Gardar modificacións"

NOTA: Sempre podemos editar (modificar) a configuración da materia: no bloque da dereita Administración premendo en "Administración da materia -> Editar a configuración".

TAREFA 2

Crear contido misturado de distintas editorias

Como realizar esta tarefa


  1. Entra no EVA co teu usuario de profesor/a
  2. Selecciona a materia que creaches en "As miñas materias"
  3. No menú de bloques da dereita "Atopar recursos" selecciona a materia e curso correspondente
  4. Pincha na pestana correspondente a editoria que queiras seleccionar e engade un par de recursos que queiras (lembra pinchar no boton de sincronizar cada vez que engadas o recurso)
  5. Pincha na pestana de outra editoria e engade outros 2 recursos (lembra pinchar no boton de sincronizar cada vez que engadas o recurso).

Tarefa 3. Matricula a varios usuarios na materia creada

Como realizar esta tarefa

Entra no EVA coa túa conta de profesor/a

Selecciona a materia que creaches na práctica anterior.

No menú esquerdo "Administración da materia -> Usuarios matriculados"  pincha en "Métodos de matriculación". 

Dentro da opción "Matriculación manual" pincha no boton de engadir usuarios:


Engade varios alumnos de xeito manual movendoos dende a columna esquerda a dereita.

Para facer a entrega vai ao menu "Participantes" da materia que acabas de crear e captura a lista co alumnado que acabas de matricular.

RECOMENDACIÓN

OLLO: Cando matriculades usuarios de forma manual no EVA, engádense por defecto co rol de alumno.






  1. A AVALIACIÓN. XENERALIDADES
  • Práctica 01. Co perfil de profesor crea unha tarefa. Esta tarefa pode consistir en que un neno escriba un conto no cal é el o protagonista da historia e na que lle pasa algo parecido ao rapaz desta historia real. Debe crealo en liña, é dicir sen subir ningún ficheiro. Configura a nota máxima como 10.
    • Entras co perfil de alumno e escribes calquera cousa de forma rápida, semellando que eres o alumno.
    • Entras de novo como docente e avalías o conto e poslle unha nota numérica.
  1. AS CATEGORÍAS
  • Práctica 02. Crea as categorías 1ª avaliación, 2ª avaliación e 3ª avaliación
  • Práctica 03. Move a avaliación da tarefa da práctica 01 á categoría 1ª avaliación
  1. AS ESCALAS
  • Práctica 04. Crea a escalas Apto/Non Apto e Moi mal, mal, regular, ben, moi ben
  1. PROCEDEMENTO PARA CUALIFICAR AOS ALUMNOS 
  • Práctica 05. Crea dous elementos de avaliación: practica 02 e exame. Asígnalle a nota a un dos alumnos
  • Práctica 06. Calcula a nota de avaliación, sabendo que é a media aritmética das tres notas
  • Práctica 07. Calcula a nota de avaliación, sabendo que é as práctica 02 e a tarefa teñen un valor do 15% cada unha delas e o exame ten un valor do 70%
  1. AS CUALIFICACIÓNS POR RÚBRICAS
  • Creamos unha tarefa e correxímola por rúbricas. Configuración: Nota máxima un 10 e engadímola á categoría da 2ª avaliación. Texto da tarefa:
                 "Redactar unha pequena guía turística do Camiño de Santiago, desde Roncesvalles ata Santiago de Compostela. Debes facer unha descripción sinxela de cada un dos lugares de interese cultural ou arquitectónico polos que pasa o camiño, enlazando imaxes e creando ligazóns cando sexa necesario".