Webinar Aulaplaneta

Desde Aulaplaneta organizan unha serie de sesións en liña de hora e media dedicadas exclusivamente a temas como a programación, o uso dos recursos de Aulaplaneta e a súa avaliación.

Por outra banda banda, tamén se convocan unhas sesións específicas dedicadas a cada materia para aproveitar ao máximo os recursos e oportunidades que se ofrecen. Tamén serán en liña e dunha duración dunha hora.

É necesario apuntarse á sesión de webinar previamente:

SESIÓNS PROGRAMACIÓN E DINÁMICAS (17:00 a 18:30h):

SESIÓNS AVALIACIÓN (17:00 a 18:30h):

SESIÓNS MATERIA (17:00 a 18:00h):

SESIÓNS PRESENCIAIS (17:00 a 18:30h):

Paralelamente existe a posibilidade de asistir a unha sesión de formación presencial sobre o uso de Aulaplaneta.

 

SmartClassroom de Netex - Webinar

 

Os contidos SmartClassroom de Netex ofrecen materiais didácticos cunha capa de funcionalidades intelixentes deseñadas para facilitar o modo no que se imparte a docencia na aula.

E este ano incorpóranse moitas novidades moi importantes, como o módulo de configuración personalizada da avaliación.

Con SmartClassroom, o profesorado pode:

  • Realizar o control da aula.
  • Obter datos en tempo real.
  • Modificar o contido editorial e crear contidos personalizados.
  • Acceder a analíticas relevantes para a avaliación.
  • Definir que actividades son avaliables.

Webinar para o profesorado de educación primaria:

Webinar para o profesorado de educación secundaria:

Dixit

 O catálogo Dixit de recursos innovadores para a comunidade educativa ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 14 novos contidos educativos en formato dixital: 9 para as materias de Física y Química, Bioloxía e Xeoloxía, Ciencias Sociais, Matemáticas e Francés e 6 contidos transversais vinculados ao ensino de Intelixencia Artificial e de Educación e Benestar.


Coa nova actualización, xa son 45 os recursos dispoñibles para as diferentes materias e idades compartindo unha filosofía común, aprender facendo, e combinando a innovación pedagóxica e tecnolóxica a través do traballo coordinado de profesorado experto e dos sectores tecnolóxico e audiovisual.

Todos os recursos Dixit están dispoñibles no catálogo do Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) de Edixgal:

Na materia de Física y Química publícase o novo contido “Química manipulativa: elementos y compuestos”, un laboratorio virtual manipulativo con fichas 3D que permite aprender e practicar a representación de elementos e compostos químicos. O alumnado irá completando a súa táboa periódica e aprenderá sobre as características, os usos, aplicacións e as curiosidades de cada elemento.

En Bioloxía e Xeoloxía publícase o contido “Guía Confort na aula - Ciencia Cidadá na aula” (dispoñible en galego e castelán), no que o profesorado atopará as ferramentas necesarias para desenvolver un proxecto de investigación sobre a importancia do confort higrotérmico e do control dos niveis de CO2 da súa aula co seu alumnado, empregando tecnoloxía presente nos centros educativos e coa posibilidade de participar nunha análise colectiva do estado das nosas aulas seguindo os principios da Ciencia Cidadá.

Tamén na materia de Bioloxía e Xeoloxía, publícase a iniciativa “Mostraxe Dunar”, que permite estudar o espazo natural protexido da ría de Corme e Laxe. Esta iniciativa está formada polos contidos “Exploración libre 360º en ecosistema dunar” e “Laboratorio de mostraxe dunar”.

O primeiro permite ao alumnado explorar o sistema dunar e a lagoa mariña de Barra (Ponteceso) desprazándose nun entorno inmersivo con imaxes reais 360º e sons ambientais para descubrir a paisaxe e o ecosistema e para coñecer as especies que o habitan. Pódese pasear a través do ordenador, a tableta, o teléfono móbil e incluso lentes 3D, cunha gran sensación de realismo.

Pola súa parte, o laboratorio introduce os conceptos básicos dun proceso de mostraxe e culmina coa investigación autónoma do alumnado nun simulador virtual onde replicará unha mostraxe real: identificar especies con claves dicotómicas, calcular a súa porcentaxe de cobertura e recoller factores físico-químicos do solo para coñecer a súa relación coas especies de cada zona do ecosistema dunar.

Na materia de Ciencias Sociais complétase a iniciativa “A Idade Media” coa publicación de dous novos contidos:

“O torneo do século” introduce a Idade Media a partir da figura do cabaleiro Ruy Paez de Biedma e combina actividades de investigación e escenarios de Scape Room para dar a coñecer a estrutura social, o estilo de vida dos estamentos e as partes do castelo, ao tempo que se traballa o cómic como xénero narrativo.

“Inventos medievais” promove a aprendizaxe dos inventos da Idade Media e o seu impacto na actualidade a través de experiencias de investigación e fomenta a análise crítica e a creatividade do alumnado con actividades que abarcan desde o desenvolvemento de inventos propios ata a elaboración colectiva dun catálogo de inventos.

En Matemáticas publícase o novo contido “Cocina geométrica” que busca iniciar ao alumnado no cálculo de volumes de forma atractiva, cunha narrativa baseada na cociña de pratos con formas xeométricas. Seguindo paso a paso cada receita, o alumnado poderá comprender o cálculo do volume de prismas, pirámides, conos, cilindros e esferas sen necesidade de realizar operacións matemáticas. Recoñecerá os elementos necesarios para cada cálculo e as fórmulas que interveñen no proceso, así como a importancia da correspondencia entre unidades de medida.

Publícase o primeiro contido da materia de Francés: “Vézelay: Buffet”, pertencente á iniciativa “Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle”. Trátase dun contido dinámico que incorpora un simulador conversacional con locucións reais no que o alumnado pode interactuar con distintas personaxes para coñecer os seus gustos e entregarlles un servizo completo de comidas. A través dunha narrativa atractiva na que o alumnado se integra co seu propio avatar, foméntase a aprendizaxe e a práctica de vocabulario e expresións referentes ás comidas, aos gustos e ás alerxias.

A iniciativa contará pronto con dous contidos novos, unha nova parada no Camiño de Santiago na cidade de Limoges e un caderno de viaxe onde o alumnado poderá rexistrar todo o aprendido.

Para o ensino de Intelixencia Artificial, en primaria e secundaria, publícanse os dous primeiros recursos da iniciativa “Introdución á intelixencia artificial”, ambos dispoñibles en galego e castelán:

“Intelixencia Artificial: Guía do profesorado” busca ofrecer os conceptos básicos, as pautas e a metodoloxía necesarias para incorporar a aprendizaxe da IA na aula, tanto de forma específica como de forma transversal nas distintas materias.

“Liña do tempo” é un recurso interactivo para traballar os eventos máis relevantes da historia da IA na aula, desde o 1950 ata a actualidade.

Tamén no eido da Intelixencia Artificial publícase o primeiro contido da iniciativa “Deep Learning”, “UX1A aprende”, na que o alumnado pode adestrar unha máquina con Aprendizaxe Profunda para que identifique a emoción da alegría, comprendendo tanto o proceso de adestramento e aprendizaxe dunha máquina como a importancia dos datos empregados para adestrala.

Proximamente publicarase a segunda parte da iniciativa, “UX1A recoñece emocións”, na que o alumnado poderá interactuar cunha IA real que recoñece as cinco emocións básicas.

Por último, publícase o primeiro contido da iniciativa “Pasaporte emocional”, destinada ao traballo transversal de Benestar emocional na aula en secundaria. “Viaxe emocionante” é un contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos.

Nesta primeira versión, o alumnado poderá crear o seu avatar e deseñar o seu pasaporte, así como desprazarse ao seu primeiro destino, no que traballará a identificación das emocións propias e alleas a través da arte, da historia e dunha narrativa que fomenta o traballo introspectivo do alumnado, o debate e o pensamento crítico.


Novas E-Dixgal

Aberto o prazo de inscrición de varios cursos de formación, modalidade online e presencial, sobre o uso de Aulaplaneta dentro do Proxecto E-Dixgal.


MODALIDADE ONLINE:

Todas as sesións formativas online serán en horario de 17:00hs a 18:30hs.

Curso Inicial, se é a primeira vez que  utiliza os recursos de Aulaplaneta:

Curso Avanzado, se xa utilizou os recursos de Aulaplaneta noutros cursos:


MODALIDADE PRESENCIAL:

Paralelamente existe a posibilidade de asistir a unha sesión de formación presencial sobre o uso de Aulaplaneta en horario de 17:00hs a 18:30hs.


Se desexa máis información, pode poñerse en contacto co/a asesor/a Abalar de zona.

Certificación galega de competencias dixitias


 Resolución de 4 de mayo de 2022, de la Dirección General de Evaluación yCooperación Territorial, por la que se publica el Acuerdo de la ConferenciaSectorial de Educación, sobre la actualización del marco de referencia de lacompetencia digital docente. 


Padlet E-DIXGAL

 https://padlet.com/ceipraquelcamacho/usrcwo9lgpiicjoz



Made with Padlet

Uso do EVA “offline”:

 

Uso do EVA “offline”:

O EVA “Offline”, permite usar os contidos do EVA (case todos) nos equipos do alumnado sen conexión a internet. Os contidos do EVA sincronízanse co EVA offline cada vez que se conecta o equipo Edixgal á rede wifi da aula e se accede a aplicación “EVA Offline”.

Se se vai a  usar é imprescindible facer que se conecten á rede wifi da aula eses equipos “ó chegar polas mañás”, e se acceda ó EVA offiline para que sincronice “os seus traballos co EVA online”. Do mesmo xeito deberán entrar e sincronizar para “cargar os novos contido que haxa no EVA”, antes de marchar.

O EVA offline, ademáis de nos equipos Edixgal tamén pode usarse noutro tipo de dispositivos: 

Nocións básicas de E-Dixgal _ Software

 Actividades para o inicio dun curso dixital.

(Author's name hidden)

Obxectivos

Estas unidades están deseñadas para aqueles alumnos que carecen de competencia dixital e poder axudar aos profesores que precisen de material para facilitar unha primeira aproximación ao novo dispositivo.

Previo ao traballo co EVA e a empregar os ordenadores de forma continuada debemos presentar unhas nocións básicas sobre o seu manexo que ampliarán a competencia dixital dos rapaces. Comezarán dunha maneira mais segura e eficiente o traballo diario durante o curso. Inda que parezan unha perda de tempo, ao longo, sempre será tempo gañado.

O profesorado que o precise, pode acceder aos manuais e a toda a información dos proxectos Abalar e Edixgal na Aula Aberta Abalar: ( http://www.edu.xunta.es/centros/abalar ).