Contidos DIXIT

 


Actualizouse o catálogo con novos contidos DIXIT nas seguintes áreas

* Física e Química:· Novo contido: Laboratorio Central Nuclear
* Matemáticas Secundaria: Actualizado Iniciación aos corpos xeométricos, Novo contido Áreas de corpos xeométricos, Visión holográfica
* Bioloxía: novo contido Guía Ciencia Cidadá na aula, Actualización contido: Redes tróficas – Charca intermareal
* Ciencias Sociais· Actualización de contido: A túa misión espacial. Novos contidos: A túa misión na terra, Invasión Zombie, A Orixe do Universo

Ademais actualízanse seis snack experiment: A terra é redonda, Presión atmosférica, Tensión superficial, Fotosíntese, Seguridade laboratorio e Os nosos océanos.

Tamén se publicaron fichas descritivas : Divisibilidade,  Unidade Familiarización, Unidade Sumas e restas , Unidade Multiplicación.

Novas E-Dixgal

 A partir do día 1 de setembro e ata o día 7 de setembro, todo o profesorado de centros E-Dixgal, poderá acceder aos contidos do curso 2020/2021 no seguinte enderezo https://evaint.edu.xunta.gal/. Durante este período o profesorado que teña asignadas en Xade materias e grupos poderá acceder ás aulas co alumnado matriculado e os contidos das editoriais Netex-Smart, Pearson, Edebé e aulaPlaneta xa incorporados. Se as materias non están asignadas en Xade, poderase acceder ao catálogo e empregar a Ferramenta de Autor con todos os contidos creados anteriormente.


O día 8 de setembro o acceso ao EVA non estará dispoñible polo que quedarán inaccesibles ambas plataformas (https://evaint.edu.xunta.gal/ e https://eva.edu.xunta.gal/).

A partir do 9 de setembro o acceso aos cursos 2020/2021 farase a través do enderezo https://eva.edu.xunta.gal/. Manteranse todos os cambios feitos en https://evaint.edu.xunta.gal/ durante o período do 1 ao 7 de setembro, tanto nos cursos como na Ferramenta de autor.

O profesorado de secundaria, terá acceso durante o período que abarca do día 1 ao 7 de setembro aos dous entornos de aprendizaxe:

Curso 2019/2020 en https://eva.edu.xunta.gal/
Curso 2020/2021 en https://evaint.edu.xunta.gal/

Recomendacións E-Dixgal

Con motivo da finalización do curso 2019/2020, e de cara ao vindeiro curso, achégase unha serie de recomendacións e información adicional sobre o proxecto E-Dixgal:

1. Os docentes que desexen facer unha copia de seguridade dos recursos propios publicados nos cursos do EVA, para poder restauralos o vindeiro curso, terían que facelo antes do día 31 de agosto. Se tiveran algunha dúbida de como realizar este proceso, poden poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico
 soporte.premium@edu.xunta.gal.

2. Non é preciso facer copias de seguridade dos contidos creados coa Ferramenta de Autor, xa que todos os recursos creados se manteñen de forma permanente ao longo dos cursos académicos. A Ferramenta de autor non estará accesible desde o 15 ata o 31 de agosto.

3. A partir do día 1 de setembro e ata o día 8 de setembro, poderase  acceder aos contidos do curso 2020/2021 no seguinte enderezo 
 https://evaint.edu.xunta.gal/. Durante este período o profesorado que teña asignadas en Xade materias e grupos poderá acceder ás aulas co alumnado matriculado e os contidos das editoriais Netex, Edebé, aulaPlaneta e Pearson. Mentres as materias non estean asignadas en Xade, poderase crear novos espazos, consultar o catálogo e empregar a Ferramenta de Autor.
4. A partir do 9 de setembro o acceso aos cursos 2020/2021 do EVA farase a través do enderezo https://eva.edu.xunta.gal/, tanto para Educación Primaria como para Educación Secundaria. Manteranse todos os cambios feitos en https://evaint.edu.xunta.gal/ durante o período que abarca do día 1 ao día 8 de setembro, tanto nos cursos como na Ferramenta de Autor.

7. O profesorado terá acceso durante o período que abarca do día 1 ao 8 de setembro aos dous entornos de aprendizaxe:
    Curso 2019/2020 en
 https://eva.edu.xunta.gal/
    Curso 2020/2021 en https://evaint.edu.xunta.gal/

8. O acceso aos contidos por parte do alumnado de ESO que teña materias suspensas non se ve afectado, xa que poderá acceder aos seus cursos de xeito habitual ata o día 8 de setembro tanto desde o EVA online como do EVA offline
9. Recoméndase que incorpore toda a información de grupos, materias, profesorado e alumnado para o curso 2020/2021 en Xade antes do día 12 de xullo. Isto facilitará que o día 1 de setembro xa estea todo dispoñible no EVA: as materias, os grupos, o profesorado e o alumnado.

Se tivera algunha dúbida sobre algúns dos puntos expostos anteriormente, pode poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico
 soporte.premium@edu.xunta.gal.
Reciba un cordial saúdo,











Existe un plan continuo de formación dixital a docentes. Entre setembro e maio impártense cursos nos que todo o profesorado pode recibir formación sobre cuestións técnicas e metodolóxicas relativas á educación dixital.

Documentación oficial:

O enderezo para acceder ao EVA Online é: https://eva.edu.xunta.es

Existe tamén unha versión Offline que resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade. Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada na sección "Educación" do Escritorio Abalar.













Ademais está dispoñible unha versión para dispositivos móbiles:

Formación E-Dixgal

cfr

Conexionado do equipamento
Introdución. Xeralidades do proxecto E-DIXGAL.
http://atio.es/eva/ficheiros/ficheiros/eva_dixital_xeneralidades.pdf

1. Cabeceira

A cabeceira está formada polos seguintes elementos:
  • Logotipo EDIXGAL: Ao facer clic sobre este logotipo volvemos á pantalla principal da plataforma EVA
  • Identificación do usuario: Na parte superior dereita da pantalla móstrase o nome do usuario e ao facer clic sobre él podemos ver a información do perfil
  • Menús principais da plataforma EVA: Idioma, O meu escritorio, As miñas materias, Ferramenta de Autor, Axuda

2. Barra de menú "destacados"

A barra de menú "destacados" contén os seguintes elementos:
  • Selector de "Ocultar / mostrar" barra de menú
  • O meu perfil, Mensaxes, Materias, Cualificacións, Axenda, A miña clase

3. Esquema da materia

O esquema da materia, situado no centro da pantalla está dividido en seccións ou temas, que están destinados a conter os distintos recursos e actividades asignados a cada tema. Sempre hai un tema 0 ou tema inicial, onde está situado normalmente o "Foro de novas".
Desde o menú de administración da materia podería seleccionarse a opción de mostrar unha páxina por cada tema, co fin de non ter un esquema do curso demasiado longo.
Dentro dos temas, cada recurso ou actividade contén unha icona identificativa do tipo de elemento e un nome e un nome que lle serve de enlace ao propio recurso ou actividade. Poden aparecer etiquetas, que son un tipo de recurso que permiten amosar texto e cualquera outro tipo de contido directamente no esquema da materia (temas).

4. Columna de bloques

No lado dereito do esquema da materia (temas) aparecen os bloques. Os bloques conteñen ferramentas que apoian e facilitan o desenvolvemento da materia, así como ferramentas de xestión e configuración. Os bloques pueden moverse e eliminarse para adaptalos ás necesidades do curso e da materia. Ademáis, hai numerosos bloques dispoñibles que poden engadirse fácilmente ao activar o Modo Edición.

5. Botón edición

O botón edición, situado na parte superior dereita da pantalla (encima da columna de bloques) permite activar/desactivar o modo edición.
Este "modo edición" activa e mostra diversas ferramentas de configuración da materia.